Respiro.
Te respiro.
Estás debaixo, espido ti, cuberto polo meu corpo, espida eu. Sobre a herba, en primavera, sin brisas, sobre as árbores taladas, arrodeados dun xerme de helechos. A calor é sofocante, o aire non te roza, só te rozo eu, a miña pel, o meu alento, a miña saliva, te respiro, amor, estás debaixo e podo sentir, síntote amor, estás debaixo e podo rozar cada poro casi sen suspirar.
De repente son aire, son brisa, son alento que te percorre buscando un oco para entrometerme no teu ser, como unha indixente de amor, unha extraña no corazón, pero son eu, amor, estou dentro de ti, tan dentro como un desexo inagotable de vida que se afoga nas tuas mareas. Abandonei o meu corpo sobre ti, entre as herbas primaverais, para amarte dende principio a fin, amor meu e non meu, quérote para min, son eu amor, estou dentro de ti, tan dentro como un ruxido imperceptible de soños que navega nas tuas mareas.
Respiro.
Te respiro.
Os paxaros non cesaron, só admiraban a tua fermosura, igual ca min. Os paxaros e máis eu nos parecemos, amor, somos quen de adorar a beleza da natureza como se formásemos parte dela aínda que non sexamos e só desexemos formar parte de ti, amor. Eres o mar e nos unhas pingas de auga que suben e baixan, nas mareas, e caen derrubadas, na area, e secan ó sol, e son mouras como bágoas negras que inundan o teu corpo, amor, ata facelo meu e para min.
Estás debaixo, espido ti, cuberto polo meu corpo, espida eu. Sobre a herba. E non sei cómo estamos aquí, e estamos, envoltos no olvido eterno do amor, no destempo da osadía, e estamos sen brisas, sen aire, sen vida, e nos amamos, e non hai tormenta, nin lúa, nin eco que destrone a tua voz no meu feble corazón que agoniza no teu mirar de atardecer, amor. Porque son túa de principio a fin.
Respiro.
Te respiro, amor, arrecendes a eternidade.