Cuán suspiro, entre suspiros,
cuán resollo, nos meus soños,
estatua apolínea,
diademada,
ríndome a ti con pleitesía,
nun esmerado amor,
desmesurado,
incompleto pola aporía.
Cuán beleza a da apariencia,
cuán delata o sentimento,
coralina estatua,
ardente,
mergullo os teus pés,
nas miñas bágoas,
acristaladas,
os enxugo no meu peito adormecido.
Son eu o Pigmalión,
e ti a estatua,
inmensa na perfección,
única e sosegada,
espero a raíña do tempo,
a sua complacencia,
será carne o que hoxe é mármore.
Ríndome a ti con pleitesía, Apolo.
27 Março 2008
Apolo
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)

14 comentários:
Eu ríndome diante da pleitesía dos teus versos namorados.
Unha aperta.
ante o fillo de Zeus e normal rendirse, non temos nada que facer mais que adoralo e na mistica do amor desfrutar ate o fin...bikos selvaticos..
Eu tamén me rindo a ti.
Apertas.
Vaste converter en estatua de sal de tanto adorar ídolos paganos...aissss
Coma sempre unha maravilla as tuas verbas.
Pena de non ter tempo de vir mais veces polo teu recuncho... pero cando veño dou un repaso, que o sepas.
Bicos.
Apolo feito carne...
(Algun apolo hai, que non sendo estatua, coma se fose!que ogallá se fixera sensible, de carne, coma mín.) gústame a poesía en xeral, pareceme a millor maneira de expresar sentimentos. Admírote por podelo facer!
Parabéns, Pigmaleão dos tempos modernos.
Feliz domingo.
Ains, é que tiña que haber máis Apolos por aí soltos.....XD
Apuntaste á quedada?? Mandame un mail se queres unha invitación para editar as túas propias entrada no blog novo.
http://blog-xuntanza.blogspot.com/
Apolo tente muy ocupada polo que vexo..............
bicos.
si estou con vermella, apolo debete ter moi ocupada............
tes un blog interesante, acabote de descubrir a través dun amigo, estás convidada ao meu blog, www.asbeirasdoarnego.blogspot.com
Tudo bem, como se deseja?
Abraço.
Apátrida e Silvana: Andamos a argallar unha quedada-congreso de blogueiros. Se estades interesados visitade
blog-xuntanza.blogspot.com
e no Aquam Latam tedes máis información. Dádenos o voso parecer.
Unha aperta.
Ui, Silvana, desconéctome do mundo unhas semanas e cando volvo todo está distinto!!! Pero que pasou??? :D
Menos mal que os textos seguen na mesma liña, porque me encantan :)
Un bicazo!
Moi bonito o poema,moi musical... non sei moi ben como expresalo, en calquer caso moi bonito. saudos.
Enviar um comentário